O cd-cr Vilardevós, é unha residencia pequeniña para 24 persoas usuarias que o converten en unha pequena gran familia. tamén conta con centro de día o que acudían 6 persoas da zona antes de que se instaurase o estado de alarma.

Vilardevós é un concello cheo de riqueza cultural. ten pobos con moito encanto e unha natureza invidiable. Moi preto de aquí está a fervenza da cidadella que é espectacular. Somos un equipo de traballo cuxa misión é cuidar e mimar as persoas coas que convivimos diariamente. Traballamos para facerlles a vida mais fácil as persoas con mais dificultades e axudarlle a unha maior e mellor autonomía ás persoas que gozan dun estado de saúde máis favorable.

As persoas usuarias con capacidade de decidir, a maioría sempre opta pola pintura para pasar o seu día a día e tamén a música. Cada persoa fai o que máis lle apetece con total liberdade dentro das posibilidades que temos.

A ximnasia seguímola mantendo a diario xa que eles recoñecen que lle ven moi ben para as mobilidade. O cd-cr Vilardevós destaca por estar completamente aberto a comunidade por iso nestas datas resúltanos tan raro atoparnos tan soíños, xa que sempre veñen veciños a vernos e a facer actividades conxuntas. Tamén botamos moito de menos os nenos e nenas do colexio que viñan a vernos moi a miúdo e compartíamos actividades xuntos.

Temos pendente con eles plantar unha árbore que retomaremos cando todo isto acabe. ¡¡¡e ir comer o bacallau a Portugal!!!

 

PERSOAL DO CENTRO:

DIRECCIÓN: ALBA CAMPOS SOTELO(EDUCADORA SOCIAL)

TRABALLADORA SOCIAL: PALOMA BASTEIRO BLANCO

ENFERMEIRA: ISABEL FERNANDEZ DIEZ

PSICÓLOGA: OLALLA ESTEVEZ BORJAS

XEROCULTORAS: ALMUDENA DIZ QUEIJA, IRIA DIZ LORENZO, LUCIA GALLEGO DELGADO, ITZIAR RODIGUEZ LOZANO, SUSANA FERNANDEZ BARREIRA, ESTIBALIZ VALLE BARREIRA, MARIA BARJA PEREZ, NIOVE ANYOLINA ESTRELLA JAIME, SHEILA LOPEZ RÚA.  

PERSOA DE LIMPEZA: FELISA GONZALEZ BARREIRA